Incumprimento de servizo
O pasado día 24 de maio enviamos un paquete ao enderezo dunha institución. O servizo contratado indicaba que a entrega tería lugar o 29 de maio. Hoxe, 4 de xuño, a institución á que ía dirixido o paquete indícanos que nin recibiron o envío nin ningún tipo de notificación ou aviso. Ao tratar de localizar o paquete pola nosa conta, vemos na web de Correos que se indica que o paquete está “a disposición del destinatario en su apartado”, información que se nos confirma ao chamar á oficina de Redondela. Ao indicarlle á persoa que nos atende que o paquete non ía dirixido a ningún apartado de Correos, senón a un enderezo, esta indícanos que non se entregou nese enderezo porque a institución conta cun apartado de Correos. Resulta inadmisible que se nos cobre unha entrega en man para logo non entregar o paquete porque alguén na oficina considera que o feito de contar cun apartado de Correos lle quita o dereito ao destinatario a que se lle faga unha entrega en man. Por suposto, en ningún momento se nos ofreceu solución ningunha.